Friday 26 de April de 2024

“Brinca vai! de aquí a acolá” na Biblioteca Municipal de Fene


A Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” de Fene conmemora este venres o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo “Brinca vai! de aquí a acolá”, de Paco Nogueiras. A función, prevista para as 18.00 horas, vai dirixida a todos os públicos. Entrada libre ata completar o aforo.
“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. “Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…”
A programación de primavera da biblioteca municipal “Pérez Parallé” continuará o xoves 21 de abril (18.00 horas) co “Contiario” de Pablísimo para celebrar o Día do Libro (23 de abril). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos.